Friday 03 de May de 2024

Curso sobre o coidado infantil para mulleres estranxeiras


Esta mañá arredor dunha ducia de mulleres estranxeiras non comunitarias asistiron ao curso de sobre coidados infantís, o cal tivo lugar na aula de formación situada nos baixos da alameda de Ordes. Unha iniciativa desenvolvida polo Centro de Información á Muller e o programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, conxuntamente con Médicos do Mundo. O coidado durante os primeiros meses de vida, masaxes, cueiros, cólicos, sono e alimentación adecuados ou a estimulación dos sentidos foron algúns dos puntos a tratar. Tamén se levaron a cabo prácticas para actuar debidamente ante situacións de riscos derivadas de atragoamentos, queimaduras, sangrados nasais etc, así como outras cuestións como reanimación, vacinación ou os servizos de urxencia.